Quen é Sunita Narain?
Quen é Sunita Narain? Sunita Narain (1961) é unha ecoloxista india e activista política así como unha importante proponente do concepto de política verde no desenvolvemento sostible. É directora xeral do Instituto Indio de Investigacións baseado no Centro de Ciencia e Ambiente, e directora da Sociedade de Comunicacións Ambientais, e editora da revista quincenal, Down To Earth. Narain empezou a traballar co Centro para a Ciencia e o Ambiente en 1982, traballando co fundador Anil Agarwal, mentres completaba os seus estudos na Universidade de Delhi. En 1985, co-editou o "Estado Ambiental de India", e logo estudaría os asuntos relacionados coa administración de bosques. Para ese proxecto percorreu o país para entender a administración dos recursos naturais. Ao longo dos anos, Narain desenvolveu sistemas de xestión e apoio financeiro necesarios para o Centro, que conta con máis de cen membros, e un perfil de programa dinámico. A pri...